Finalmente pendurei unha design wall na parede do cuarto de costura: grampei unha peza de 2,50 x 1,5 m de polar branco nun rastrel, e fixei este na parede con tres parafusos. Hai unhas fitas para poder recoller (enrolar) o polar en caso necesario.
Foi toda unha mellora para non estar á mercede das sabotaxes da gata.
Así que puiden traballar tranquilamente nun improv para o challenge da asociación española do quilt moderno. Tamén fun quen de ensamblar Jamestown Landing, outro proxecto de string piecing con deseño de Bonnie Hunter no que levaba anos traballando.
Facendo limpeza andiven escolmando nos bloques que tiña por aí e xuntei varios tops máis, de pequenos proxectos que me van vir de fábula para practicar acolchoado libre: chameinos o Mishap e Venting quilt.
E como estou determinada a rematar este ano a colcha de hexágonos cosida a man (técnica English Paper Piecing, EPP), téñoa agora como o meu principal work in progress (WIP). Vaime levar bastante tempo, xa que tamén a quero acolchoar á man.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Esta foi a primeira máquina de coser que merquei, vai case para 10 anos. Custárame algo así como 70€ no Lidl, e resultou moi práctica para i...
-
No desafío de ir rematando UFOs ( UnFinished Objects ) de 2018, este mes determinei traballar neste proxecto que comezara hai anos. O rolo d...
-
É coñecida como técnica English Paper Piecing (EPP) a forma tradicional de coser a man pezas previamente fixadas a unha forma en papel. O d...
Cat says, "What sabotage? I'm helping!" :)
ResponderEliminar