domingo, 26 de novembro de 2017

Ringo Lake, parte 1

Fixen onte algo máis da metade das unidades necesarias para a primeira pista do mystery Ringo Lake.
Como mudei as córes os meus 9P teñen menos contraste que os que propón a autora.

Hai centos de participantes que cada luns publican os seus avances.

venres, 24 de novembro de 2017

Reciclaxe (2): Braided Nine Patch Split

Cando rematei os proxectos previstos para o Second Hand Rose Challenge sobráronme anacos cativos de téxtiles, principalmente de camisas e vestidos. Son incapaz de guindar ao lixo teas e ocorréuseme experimentar outro deseño de Bonnie Hunter: Nine Patch Split. Inicialmente só fixen os 16 bloques para a parte central, pensando aproveitalos para un coxín. Meses máis tarde, como aínda sobraba material cortei medios hexágonos para rematar cun borde tipo trenza.
E así quedou o top, gardado na caixa, un par de anos, ata que onte me animei a acolchoalo (manta acrílica e un retallo de saba na traseira).
Mide 36" x 36", ou sexa que é un cadrado de 90 cm de lado.

xoves, 23 de novembro de 2017

Ringo Lake intro: materiais

Como cada Black Friday, Bonnie Hunter propón a partir de mañá un novo quilt misterioso.  Este será o meu quinto.

Os anteriores son: 

Celtic Solstice


Grand Illusion


Allietare


En Provence


Para o 2017, a deseñadora inspirouse nun mencer sobre o lago Ringo, nos Estados Unidos. Chamaron a súa atención o contraste de córes: castaño, verdemar, salmón. Por primeira vez vou optar por córes distintas: as miñas son gris, negro e verde (as que temos tanto no dormitorio coma na sala).

mércores, 22 de novembro de 2017

Reciclaxe (1)

Algunhas colchas teñen o valor engadido de evocar na nosa memoria lembranzas asociadas ás teas que as compoñen.
Se cadra por iso as miñas preferidas son as que fixen con retallos de roupa da familia.

Con sabas roídas polos ratos: Irish Mice Rescue

Con pixamas e camisas de franela: Smokey Ragged

Con camisas de franela, pantalóns vaqueiros e retallos dunha bata para acolchoar por dentro:

Con camisas e vestidos de verán: Lozenge Quilt

Preparando a nova tempada de costura

Marcharon as convidadas.
O seu cuarto hai uns días tiña este aspecto:

Agora volve ao seu ser (modo invernal = costura). Un caótico obradoiro ou messing room.