Tiven onte unha sesión do que podería chamar improv assembling. Fun dando voltas ás pezas que fixen do misterio de Kevin the Quilter, e xuntei por partes ata chegar a este top que mide unhas 36"x54": tamaño xusto para un bebé ou unha cadeira de rodas.
Os cometas son fragmentos esfarelados das estrelas, e como o meu proxecto é unha pequena fracción do deseño das Estrelas de Zafiro, vaille quedar Sapphire Comets. A miña composición é asimétrica e con bastante espazo en branco, que me propoño acolchoar densamente.
Editado o 30 de decembro para engadir as fotos do proxecto xa rematado. A traseira está composta por dúas pezas, unha branca e outra azul. Acolchoei as estrelas centrais con fío azul mariño, o resto en branco. O remate fíxeno con restos de tiras de 2", cosidas a máquina cunha puntada de espiña de peixe.
luns, 16 de outubro de 2017
martes, 3 de outubro de 2017
Quilt misterioso Sapphire Stars, última pista
Hai uns días que Kevin the Quilter publicou as instrucións para os últimos bloques do seu deseño, pero non tiven tempo ata hoxe para coser algúns.
As partes anteriores: primeira, segunda, terceira, cuarta.
As partes anteriores: primeira, segunda, terceira, cuarta.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Esta foi a primeira máquina de coser que merquei, vai case para 10 anos. Custárame algo así como 70€ no Lidl, e resultou moi práctica para i...
-
No desafío de ir rematando UFOs ( UnFinished Objects ) de 2018, este mes determinei traballar neste proxecto que comezara hai anos. O rolo d...
-
É coñecida como técnica English Paper Piecing (EPP) a forma tradicional de coser a man pezas previamente fixadas a unha forma en papel. O d...